background-position

Archivo ECODES

Este es un contenido de archivo, y posiblemente este desactualizado.
Para acceder a los contenidos actuales de la web de ECODES pincha aquí.

Miércoles 20 de Septiembre de 2006
A Coordinadora Galega de ONGs publica unha guía para orientar aos cooperantes que participan en proxectos sobre o terreo en países en desenvolvemento

Fuente: Coordinadora Galega ONGDs

Cada ano son máis as persoas que, en Galicia, participan en proxectos de cooperación para o desenvolvemento ben como profesionais, en actividades de sensibilización ou na xestión de proxectos, ou ben como voluntarios nas mesmas áreas.

A participación en proxectos sobre o terreo en países en desenvolvemento require unha formación especializada na materia na que os mesmos se centren: educación, sanidade, economía.... Tan importante é a capacitación técnica como o saber “comportarse” nunha cultura e nun sistema de valores que na maioría das veces difire daquel no que se formou o cooperante.

A Coordinadora Galega de ONGs para o Desenvolvemento publicou unha guía orientativa de conduta dirixida a persoas que participen en proxectos de cooperación ao desenvolvemento. O texto desta publicación pertence ao artigo de Victor Viñuales publicado na revista Envío (Managua), actual director da Fundación Ecología y Desarrollo e que conta cunha longa experiencia de traballo no Sur.

As catorce recomendacións que inclúe o caderno para orientar aos cooperantes nas súas estadías son:

1.- Deixarás a contraparte local protagonizar o proxecto
2.- Estimularás a autoestima na contraparte local
3.- Non axudarás a quen non se axuda a si mesmo
4.- Cooperarás, non farás doazóns
5.- Atenderás o proceso: é o fundamental
6.- Comprenderás a cultura local
7.- Evitarás o norte-centrismo nas túas análises e na túa conduta
8.- Non imporás, pero aceptarás todo
9.- Non te enganes: o poder está desigualmente repartido
10.- Serás ponte: traducirás as dúas lóxicas
11.- Coordinarás o teu proxecto co dos outros
12.- Aceptarás que a meta non é ser querido polos pobres
13.- Descubrirás que cooperar é aprender
14.- Convenceraste de que a finalidade da cooperación é desaparecer

Descarga en formato pdf, “Os 14 mandamentos do bó cooperante”
Ver "Los 14 mandamientos del buen cooperante. Código deontológico." en castellano.

Pódese solicitar exemplares gratuítos á Coordinadora no teléfono 981 58 51 89

Es tiempo de actuar

Es el momento de dejar de pensar que puede hacer el planeta por ti y pensar qué puedes hacer tú por el planeta.

Actúa YA como persona, como empresa, entidad o administración:

Aviso legal | Privacidad | Cookies